A UMAR recolle máis de cen reclamacións en Cervo para pedir a cobertura de prazas médicas

A UMAR considera a situación alarmante, "pois nun concello de máis de catro mil habitantes e con previsions de doblar a poboación, so dispoñen de dúas médicas".


A Unidade Móbil de Axuda ás Reclamacións en sanidade, sinala que máis dun cento de veciñas e veciños do concello de Cervo achegáronse ata o consultorio para facer efectiva a reclamación colectiva solicitando maior cobertura médica.

A UMAR considera a situación alarmante, “pois nun concello de máis de catro mil habitantes e con previsions de doblar a poboación, so dispoñen de dúas médicas”.

Desde o colectivo, aseguran que  “Cervo manifestou deste xeito a súa disconformidade coas manifestacións do seu rexidor, que afirmou sen siquera ruborizarse, que a asistencia estaba garantida”.

Lembramos desde a Plataforma sanitaria da Mariña que en Cervo non hai médica durante dous dias á semana e en San Cibrao so hai unha médica das tres que hai en dotación

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here